Hemeroteca

Asset Publisher

Back Curva España, este sábado no auditorio Gabriel García Márquez

 Oleiros, 13 de outubro de 2020-. A compañía Chévere presenta o sábado ás 20:30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera a obra Curva España. Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Lucía Estévez e Leticia T. Blanco forman o elenco desta obra dirixida por Xesús Ron.

 
Curva España trata sobre un crime aparentemente sen resolver, unha morte violenta que provoca sospeitas e interrogantes sobre os seus autores, motivacións e consecuencias. A partir da existencia de distintas versións sobre o caso, artelláse unha peza que ironiza sobre o formato documental combinando teatro e cine en directo, bebe do xénero policial e funciona como unha alegoría da construción do estado nación español coma se fose a promesa dun tren que nunca chegou. Porque a esta zona afastada España apenas chegou en forma de mito, e o mito fala da súa morte nunha curva.
 
As entradas poñeranse á venda a partir das 19:30 horas, a 3,50 euros, ata completar a capacidade da sala. A obra está recomendada para maiores de 12 anos. 
 
Ante a situación sanitaria, e seguindo as directrices das autoridades, a capacidade da sala estará limitada. Será obrigatorio manter a distancia de seguridade e asistir con máscara, así como atender as indicacións e normas da organización.
back link