Hemeroteca

Asset Publisher

Back Curso gratuíto oficial de monitores/as de tempo libre nas Casas da Mocidade

 Oleiros, 3 de marzo de 2021-. As Casas da Mocidade de Oleiros teñen aberto o prazo de inscrición ata o día 28 de marzo do curso para obter a titulación oficial de monitor de tempo libre. Está dirixido a persoas de entre 18 e 30 anos que teña finalizada a ESO ou equivalente. 

 
As inscricións poden realizarse a través da web centrosmocidadeoleiros.wordpress.com. O curso está homologado e constará de 100 horas presenciais, 100 horas en liña e 150 horas de prácticas en centros de traballo. 
 
Para mais información pode contactarse con pix.aspedras@gmail.com ou pix.portaberta@gmail.com ou chamar aos teléfonos 981614083 ou 981977944.
back link