Hemeroteca

Asset Publisher

Back Curso de Monitor de Tempo Libre para mozas e mozos organizado polo Concello

O Concello de Oleiros organiza un curso para a obtención do título de monitor de tempo libre, na casa da mocidade Portaberta en Santa Cruz.

O curso vai dirixido a mozas e mozos de 18 a 30 anos, con preferencia para persoas empadroadas no Concello de Oleiros. As prazas son limitadas (máximo 20 e os requisitos para realización do curso son ter cumpridos os 18 anos e ter o título de ESO.

O Curso desenvolverase todos os sábados entre os meses de abril, maio e xuño (ata o 27 de xuño), ademais realizaranse tamén 4 xornadas en domingo. O horario será de 9:00 a 14:00 horas e de 15:00 a 20:00 horas, cunha duración de 10 horas lectivas por xornada. 

Serán un total de 200 horas de formación, distribuídas en 150 horas presenciais e 50 horas en modalidade en liña. 

As inscricións poderán efectuarse do luns 2 de marzo ás 10:00 horas, ata o 20 de marzo ás 10:00 horas. De ter máis solicitudes que prazas procederase a un sorteo público no edificio da Fábrica o luns día 23 ás 11:00 horas. 

Formulario inscricións

Máis información na Casa da Mocidade Portaberta e Casa da Mocidade As Pedras.

back link