Hemeroteca

Asset Publisher

Back Curso de marcha nórdica para maiores de 65 anos

O Concello organiza unha actividade gratuíta sobre a técnica de marcha nórdica dirixida ás persoas que participaron nas rutas de sendeirismo do programa “Ven e descubre 2024”. A formación permitirá coñecer en que consiste esta técnica, beneficios, equipamento, a través dunha práctica nun percorrido de 5km. 

A actividade será o sábado 23 de novembro e haberá dous grupos, un de mañá e outro de tarde. O itinerario terá saída e chegada a Bastiagueiro.

As persoas interesadas en participar poden chamar ao 981 610 000 entre os días 11 e 14 de novembro.

back link