Hemeroteca

Asset Publisher

Back Corte de auga a noite do mércores ao xoves en parte da avenida das Mariñas e rúas Areal, Ondas

 Oleiros, 2 de marzo de 2022-. A noite do mércores ao xoves, desde as 00:00 ata as 4:00 horas aproximadamente, procederase a cortar o subministro de auga potable na avenida das Mariñas –do número 300 ao 330-, rúa do Areal – do número 1 ao 17-, rúa das Ondas e rúa da Revolta.  A causa deste corte é a realización dunhas probas de presión das novas tuberías instaladas con motivo das obras do túnel de Sol y Mar.

 
ASEMBLEA INFORMATIVA
 
Por outra parte, está convocada unha asemblea informativa con todos os veciños e veciñas que van sufrir cortes nos accesos aos seus garaxes ante o inicio das escavacións da obra do túnel de Sol y Mar. A reunión será o luns 7 de marzo, ás 19:30 horas no auditorio da Fábrica.
 
Ao longo dos vindeiros días notificaráselle a asemblea ás persoas afectadas, as que teñen acceso aos seus garaxes pola marxe dereita da avenida das Mariñas dirección A Coruña. Nese encontro os veciños e veciñas serán informados dos prazos previstos para os cortes, así como da alternativa que terán para estacionar os seus vehículos mentres non poidan entrar aos seus garaxes. As obras avanzarán de 20 en 20 metros, desde marzo ata xuño, polo que non afectarán a todos os veciños e veciñas de maneira simultánea.
 
A outra man da estrada, os garaxes da marxe esquerda da avenida das Mariñas dirección A Coruña, non se cortarán nesta primeira fase. Todos eses veciños e veciñas tamén serán convocados a unha asemblea informativa, que se celebrará antes do inicio da segunda fase, que previsiblemente comezará no mes de xullo.
back link