Hemeroteca

Asset Publisher

Back Contratadas as obras de reparación da Casa do pobo de Montrove

 Oleiros, 15 de febreiro de 2021-. O Concello de Oleiros contratou as obras de reparación das filtracións na Casa do pobo de Montrove. O importe desta actuación ascende a 87.063 euros.

 
“Hai un problema de filtracións que afecta a distintas salas desta instalación e faise necesario unha reparación importante. Este é un centro que presta un gran servizo social e cultural aos veciños e veciñas de Montrove”, dixo o alcalde Ángel García Seoane.
back link