Hemeroteca

Asset Publisher

Back Continúan durante o mes de maio os contacontos para nenos e nenas nas bibliotecas municipais

 Oleiros, 30 de abril de 2021-. As bibliotecas municipais organizan ao longo de todo o ano numerosas actividades de promoción da lectura dirixidas a nenas e nenos. Durante o mes de maio, as sete bibliotecas do Concello de Oleiros acollerán diversas sesións de contacontos para nenos e nenas maiores de 6 anos. 

 
 
BIBLIOTECA CENTRAL RIALEDA. PERILLO
 
- Día 6 (18:30 h): "Contos de primavera" con Ana Carreira
- Día 13 (18:30 h): " Contos de animais" con Lía Magalia
- Día 20 (18:30 h): "Tigres e cabalos" con Paula Carballeira
 
 
 
BIBLIOTECA ROSALÍA DE CASTRO. SANTA CRUZ
 
- Día 5 (18:30 h): "A gran aventura dos animais" con Trémola teatro
- Día 12 (18:30 h): "Contacontos de libros contentos" con Carmen Domech
- Día 19 (18:30 h): "Trasnadas" con Ana Carreira
 
 
BIBLIOTECA MARÍA JOSÉ TRINCADO. MERA
 
- Día 7 (18:30 h): "Contos de aquí para todo tipo de orellas" con Ramiro Neira
- Día 21 (18:30 h): "A princesa rebelde e outros contos" con Lía Magalia
 
 
BIBLIOTECA MARÍA JOSÉ RUSO. DORNEDA
 
- Día 3 (18:30 h): "Preparados... listos... xa!!!" con Ramiro Neira
- Día 24 (18:30 h): "Contos de tesouros" con Ana Carreira
 
 
 
BIBLIOTECA MUNICIPAL ÁNXEL FOLE. NÓS
 
- Día 14 (18:30 h): "Eu non quero" con Ana Carreira
- Día 28 (18:30 h): "Contos de cores" con Ramiro Neira
 
 
BIBLIOTECA MANUEL MARÍA. OLEIROS
 
- Día 4 (18:30 h): "Contos de aquí" con Lía Magalia
- Día 18 (18:30 h): "En busca dos monstros" con Trémola teatro
 
 
BIBLIOTECA XOGRAR MENDIÑO. LORBÉ
 
- Día 6 (18:30 h): "Poesía son eu" con Gemola
- Día 20 (18:30 h): "En busca dos monstros" con Trémola teatro
 
 
 
Debido a que a capacidade é limitada, é imprescindible reservar praza na biblioteca en que se desenvolva cada unha das actividades. O teléfono é o 981 610 000.
 
Para aqueles nenos e nenas que quedasen sen praza, será posible visualizar os contacontos a través da web do Concello de Oleiros, durante as 48 horas seguintes á realización de cada espectáculo.
back link