Hemeroteca

Asset Publisher

Back Contacontos e obradoiro de restauración no Museo Os Oleiros

 Oleiros, 18 de maio de 2021-. O Museo Os Oleiros ten aberto o prazo de inscrición para as actividades que ten previstas con motivo do Día Internacional dos Museos: Contacontos “A Historia do Museo Os Oleiros” e un obradoiro de conservación e restauración.

 
No contacontos os cativos e cativas descubrirán da man de Caxoto como xurdiu o museo e que é o que poden aprender nel. Será o vindeiro sábado 22 de maio ás 12:30 horas no propio Museo.
 
O obradoiro pretende achegar ao público nocións básicas sobre o traballo dos conservadores e restauradores do museo. Explicarase a diferenza entre conservación e restauración e as persoas participantes poderán aprender e experimentar algunhas das técnicas básicas da restauración aplicada á cerámica. Será no Alfar das Torres de Santa Cruz os días 27, 28 e 29 de maio, de 17:30 a 19:00 horas.
 
Para obter máis información sobre estas actividades así coma para formalizar as inscricións é preciso dirixirse ao Museo Os Oleiros, situado nas Torres de Santa Cruz. Tamén é posible chamar por teléfono ao 981 626 692 ou enviar un correo electrónico a museos@oleiros.org.
back link