Oleiros, 7 de decembro de 2020-. O venres comeza a programación de contacontos que se desenvolverán nas sete bibliotecas do Concello de Oleiros. Esta actividade está dirixida a nenas e nenos maiores de 6 anos.
Para participar é preciso apuntarse previamente en cada biblioteca, presencialmente ou por teléfono. En todos os casos o horario está fixado para as 18:30 horas.