Hemeroteca

Asset Publisher

Back Conferencia "As últimas horas do presidente Salvador Allende"

Oleiros, 12 de setembro de 2013-. O próximo sábado, 14 de setembro, celebrarase a conferencia "As últimas horas do presidente Salvador Allende", ás 20.30 horas, no Centro Cultural A Fábrica de Perillo, impartida polo Dr. Óscar Soto Guzmán, médico persoal do mandatario chileno.

O vindeiro sábado, coincidindo co 40 aniversario do golpe de estado chileno, o COSAL, Comité de Solidaridad con América Latina, e o Concello de Oleiros, organizan unha conferencia sobre as últimas horas de vida do presidente Salvador Allende. A charla será impartida polo doutor Óscar Soto Guzmán, testemuña directa do golpe de estado e do ataque ao Palacio de La Moneda. Tamén intervirán Omar Contreras, presidente do COSAL, e Ángel García Seoane, alcalde de Oleiros.

Durante o acto, proxectarase un audiovisual sobre o golpe militar coa lectura de textos a cargo dos actores Gustavo Pernas e Ánxela Abalo.

A conferencia pecharase coa actuación musical do cantautor César de Centi.

 

back link