Nun momento no que os conflitos armados continúan a poñer en risco o traballo das e dos xornalistas sobre o terreo, esta iniciativa reivindica a necesidade de protección de quen informa, e tamén o dereito da cidadanía a saber o que acontece.
Luis Fercán interpretará as súas cancións nun formato espido e emocional, onde a voz, a guitarra e a palabra serán as protagonistas, creando unha conexión directa co público.
Ademais, as primeiras 25 persoas que adquiran a súa entrada terán a oportunidade de asistir ao encontro previo co artista; unha conversa en pequeno formato antes do concerto.
As entradas xa están dispoñibles a través de Woutick cun prezo xeral de 20 euros e unha modalidade especial de primeiras filas por 35 euros. Tamén se habilitará unha FILA CERO para todas aquelas persoas que queiran colaborar coa iniciativa mediante un donativo destinado a RSF.
A recadación contribuirá a dotar de material de seguridade a xornalistas que continúan traballando nalgúns dos escenarios máis perigosos do mundo, para que a información poida seguir chegando desde o terreo. "A de xornalista —explica Arantxa Freire, directora de RSF España— é unha profesión moi feminizada e os chalecos antibalas que precisamos deben estar adaptados aos nosos corpos para garantir mellor a nosa seguridade”.
VENDA DE ENTRADAS: Entradas dispoñibles en Woutick - As primeras 25 entradas poderán ter un encontro co artista