Hemeroteca

Asset Publisher

Back Concerto de SILVIA PENIDE o xoves 16 nas Torres de Santa Cruz

Imagen Concerto de SILVIA PENIDE o xoves 16 nas Torres de Santa Cruz

Durante o mes de xullo, o parque das Torres de Santa Cruz acollerá unha nova edición de As Tardes do Alfar, o microfestival promovido polo Concello de Oleiros que mestura música en directo e demostracións de olería nun entorno privilexiado e aberto á veciñanza.

A partir das 19.00 h comezará a mostra de olería en vivo a cargo do recoñecido Alberto Añón, e ás 20.00 h terá lugar o concerto de SILVIA PENIDE; vocalista galega cun estilo íntimo e emocional, que combina pop de autor con letras coidadas e unha interpretación delicada. A súa música destaca pola proximidade e autenticidade.

As Tardes do Alfar consolidan nesta nova edición a súa identidade como unha experiencia única, ofrecendo un plan cultural de calidade, ao aire libre e de balde para todas as familias. O Concello de Oleiros convida á veciñanza a gozar desta cita co talento e coa cultura local todos os xoves do mes de xullo, nun espazo aberto e de lecer como son As Torres de Santa Cruz.