Hemeroteca

Asset Publisher

Back Concerto de MADAME BIRD o xoves 23 nas Torres de Santa Cruz

 A partir das 19.00 h comezará a mostra de olería en vivo a cargo do recoñecido Alberto Añón, e ás 20.00 h terá lugar o concerto de MADAME BIRD; unha proposta de pop alternativo con influencias indie e electrónicas que crea atmosferas envolventes e contemporáneas. O seu estilo destaca pola experimentación sonora e a estética coidada. 

Madame Bird e o proxecto musical de Carla de Figueredo, unha das voces máis destacadas da escena de música negra en Galicia. Tras dous anos percorrendo salas e escenarios con versións de rocksteady e northern soul, inicia unha nova etapa coa presentación de temas propios reunidos en Old Souls, un traballo de marcado carácter souleiro. A súa proposta combina influencias do northern soul clásico, o R&B, o jazz crooner dos anos 50 e o soul das décadas posteriores, dando lugar a un son persoal e recoñecible. En directo, Madame Bird presenta un potente formato de banda acompañado por José Triay (guitarra), Toño Martín (baixo), Alberto Camba (batería) e Diego Rois (teclados e coros).

As Tardes do Alfar consolidan nesta nova edición a súa identidade como unha experiencia única, ofrecendo un plan cultural de calidade, ao aire libre e de balde para todas as familias. O Concello de Oleiros convida á veciñanza a gozar desta cita co talento e coa cultura local todos os xoves do mes de xullo, nun espazo aberto e de lecer como son As Torres de Santa Cruz.

back link