Hemeroteca

Asset Publisher

Back Concerto de Liuba María Hevia este sábado na Fábrica

O sábado ás 20:30 horas no auditorio da Fábrica, Liuba María Hevia ofrecerá un concerto. O acceso é libre con invitación, que poderá recollerse desde unha hora antes no propio recinto.

Compositora, trobadora e cantante por excelencia, chegou a converterse nunha das voces imprescindibles do panorama musical cubano e iberoamericano. Ofrece un traballo de exquisita factura transitando sen prexuízos nun mundo no que se funden elementos tradicionais e contemporáneos, logrando unha personalidade artística moi singular. 

Desde 1982 é parte do prestixioso movemento da Nova Trova, fundado por figuras lendarias como Silvio Rodríguez e Pablo Milanés, con quen compartiu varios dos seus traballos discográficos e do que hoxe é unha das súas voces máis significativas. As súas cancións caracterízanse pola poesía, o lirismo dos textos e a acertada fusión de xéneros musicais. Preocupada sempre por exaltar os valores humanos, Liuba María Hevia propón temas que reflicten este sentir. Nas súas composicións afloran guajiras, boleros, sones, habaneiras, baladas…, tamén no seu repertorio podemos atopar coidadas versións de grandes clásicos latinoamericanos.

back link