Hemeroteca

Asset Publisher

Back Concerto de Carlos Palacio “Pala” o sábado 24 na Fábrica

O sábado 24 de maio ás 20:00 horas o auditorio da Fábrica acollerá o concerto do recoñecido cantautor e poeta Carlos Palacio “Pala”.

Previamente, ás 18:30 horas terá lugar unha conferencia sobre a relación entre música e poesía centrada nun percorrido histórico sobre a musicalización de poemas, combinando a exposición académica coa presentación de exemplos cantados. Ás 20:00 horas comezará o concerto unipersoal con lectura poética. 

Carlos Palacio, con dez discos, sete libros e un DVD editados, é considerado pola crítica especializada como un dos mellores letristas da súa xeración.

Tras rematar os seus estudos de Medicina e Cirurxía, dedicouse ao oficio de escribir cancións ademais de continuar os seus estudos de música no Instituto Superior de Artes de La Habana e obter o título de filólogo hispanista na Universidade de Antioquia, onde exerceu unha labor docente.
 
Ten recibido en Colombia, entre outras distincións, o Premio Nacional de Literatura Universidade de Antioquía 2024, o Premio Nacional de Música do Ministerio de Cultura 2013, a Orde ao Mérito Artístico Juan del Corral 2021 e o Premio de Poesía Alcaldía de Medellín 2021. 

En España concedéronlle o Premio Internacional de Poesía Miguel Hernández 2020, o Premio Internacional de Poesía Antonio Machado 2021 en Baeza, o Premio Internacional de Poesía José de Espronceda 2022 e o Premio Jaén de Poesía 2023. 

No eido da poesía ten ditado cursos de métrica clásica, creación poética e escritura poética aplicada á canción en Colombia, Arxentina, México e España. Ademais, é fundador de “La Cofradía de la Palabra”, un dos grupos máis activos grupos virtuais adicados á divulgación e promoción da escritura poética nas formas clásicas; este grupo conta actualmente con máis de 2.000 membros de 16 países.

No campo da música, cabe destacar a súa presenza en diferentes países de América e España, compartindo escenario e gravacións cos artistas Jorge Drexler, Javier Ruibal, Fito Páez, Juanes, El Kanka, Rozalén, Santiago Cruz, Coque Malla, Pedro Guerra, David Aguilar e Marta Gómez, entre outros.

Entrada libre en ambos eventos ata completar a capacidade da sala.

back link