Hemeroteca

Asset Publisher

Back Concerto de Carlangas este venres na Praza Esther Pita

A feira Alfaroleiros continúa coa súa trixésimo primeira edición ata este domingo 10 de agosto. O Concello de Oleiros oferta un completo programa de actividades que acompañan a tradicional venda de pezas de olería. Entre as propostas máis destacadas está o concerto de Carlangas, que se celebrará mañá venres ás 22:00 horas na Praza Esther Pita.

O artista lembrou onte nos micrófonos de Radioleiros a súa relación co municipio, por ter gravado o seu último álbum nun garaxe en Oleiros. “Empezamos a gravar e ensaiar o disco aquí, así que o concerto deste venres é unha forma de pechar unha etapa”, afirmou. Ademais, engadiu: “A desfrutar do evento. Gústame moito a artesanía así que irei por alí durante todo o día para ver que se coce no Alfaroleiros”. 
 
Ao longo do venres, as persoas asistentes tamén poderán gozar doutras actividades destacadas, como unha demostración de olería en vivo ás 13 h, unha sesión de bautismo de barro ás 18 h, e o espectáculo infantil “O libro máxico” de Migallas Teatro, que se celebrará no Parque Luís Seoane, ás 20 h.
 

back link