Hemeroteca

Asset Publisher

Back Concerto de Black dúo, este xoves nas Torres de Santa Cruz

 Oleiros, 14 de marzo de 2022-. O grupo Black dúo presenta o xoves ás 20:30 horas no Auditorio das Torres de Santa Cruz Voces de muller. O acceso ao concerto é libre e gratuíto.

 
Neste espectáculo lembraranse artistas como Nina Simone, Alicia Keys ou Etta James,  grandes figuras da música negra e que tamén tiveron unha grande influenza en diversos ámbitos do feminismo. Algunhas das cancións que van interpretar son: At last, Superwoman, Say a little prayer ou My baby just cares.
back link