Oleiros, 5 de marzo de 2021-. O Concello de Oleiros lanzou a campaña “No 8 de marzo: todas, todos e todes”, unha convocatoria de ideas para a elaboración de material educativo co obxectivo de fomentar a consciencia feminista e transincluínte entre o estudantado, así como promover o uso da lingua galega desde unha conciencia social e responsable que partira da creatividade da mocidade. Deste xeito, elaboráronse chapas, bolsas de tea e mochilas cos lemas gañadores de cada unha das categorías para lucir orgullosas, orgullosos e orgulloses a nosa ollada transfeminista non só o 8 de marzo, senón cada un dos días do ano.
Hemeroteca
Asset Publisher
Categoría 1 (5º-6ºEP):
“Son o núcleo, non só a codia”
María González Blanco (CEIP Luís Seoane)
Categoría 2 (1º-2ºESO):
“Nin Norte, nin Sur, nin Leste, nin Oeste, eu farei o meu punto cardinal”
Ana Dos Santos Beiro (IES Miraflores)
“Non é o meu corpo, senón a túa mirada”
Mario Pérez García (IES Miraflores)
Categoría 4 (1º-2ºBACH):
“O que ves non define quen es”