Hemeroteca

Asset Publisher

Back Comezan os traballos de urbanización da praza Esther Pita en Santa Cruz

Oleiros, 25 de xaneiro de 2013-. O Concello de Oleiros comezou os traballos de urbanización do POL-9, no centro de Santa Cruz. Neste espazo situarase unha praza que conectará co parque Luís Seoane e que estará dedicada á exalcaldesa Esther Pita. O orzamento para o desenvolvemento desta parte da obra, que corresponde á primeira fase é de 270.000 euros. Os traballos prolongaranse ata final de primavera. A futura praza mellorará a calidade de vida da localidade e dotará a esta dun novo espazo comunitario.

back link