Oleiros, 14 de xaneiro de 2015-. O Concello de Oleiros obtivo a correspondente autorización xudicial para proceder ao derrubamento do inmoble situado na esquina onde conflúen as rúas Lameiro e Salvador Allende. Despois de longos trámites administrativos para a eliminación deste grave problema para os veciños e veciñas da zona do Seixal, por fin poderán comezar as tarefas de derrubamento.
Nos vindeiros días iniciarase unha demolición que terá que efectuarse de xeito moi coidadoso para evitar posibles danos aos inmobles adxacentes. Esta demolición supón uns custos de 35.179,64 euros, que terán que afrontar os propietarios da casa derruída.