Hemeroteca

Asset Publisher

Back Comezan os obradoiros municipais de teatro para nenos, mozos e adultos

Oleiros, 31 de xaneiro de 2014-. Ao longo do vindeiro mes de febreiro o departamento de Cultura do Concello de Oleiros poñerá en marcha varios obradoiros teatrais para público infantil, xuvenil e adultos. As clases terán lugar no Teatro As Torres de Santa Cruz. Os obradoiros xuvenís e de adultos están dirixidos á xente inqueda por aprender as normas básicas do xogo teatral escénico. Trátase dunha aproximación básica ao traballo físico do actor, integrando a preparación do corpo para a actuación, as dinámicas no espazo escénico, a comunicación simple e clara a través do xesto, a exploración da voz e o texto nas acción físicas, e o desenvolvemento dun vocabulario xestual básico que cree imaxes e emocións en escena.

back link