Hemeroteca

Asset Publisher

Back Comezan as obras na depuradora de Punta Bufadoiro

Oleiros, 14 de xullo de 2017-. O Concello de Oleiros iniciou os traballos para a construción da nova depuradora da urbanización O Xunqueiro, en Mera. O custo destes traballos ascende a 148.715,07 euros.

A urbanización O Xunqueiro, construída antes da democracia, tiña un problema grande desde hai tempo ao verter directamente ao mar as augas residuais. Aínda que non conta cun número moi elevado de vivendas, con esta obra eliminarase definitivamente o único punto existente en Oleiros que vertía ao mar sen depuración previa.

back link