Hemeroteca

Asset Publisher

Back Comezan as obras de pavimentación do aparcamento da Mazota

Oleiros, 4 de outubro de 2018-. Mañá venres comezarán os traballos de pavimentación do aparcamento público da Mazota, situado entre o centro cultural A Fábrica e o parque José Martí. Debido a esta actuación, os estacionamentos quedarán fóra de servizo mañá venres día 5 e desde o luns 8 ata o xoves 11.

O aparcadoiro público da Mazota, moi empregado por veciños e turistas por estar situado xunto ao paseo marítimo de Santa Cristina e nas proximidades do centro cultural A Fábrica, precisaba dunha renovación do seu firme. O custo desta actuación é de 37.671,45 euros.
 

back link