O sábado 14 de decembro ás 20:00 horas terá lugar o concerto “25 Zanfonas”, unha das actividades enmarcadas na programación da nadal do Concello de Oleiros. Un grupo de músicos da Escola Municipal de Vigo de Música Folk e Tradicional, dirixidos por Anxo Pintos; mestre titular de zanfona da ETRADVIGO, interpretarán un repertorio tradicional galego vocal e instrumental, ademais da inclusión doutros folclores, onde a zanfona foi e segue a ser a protagonista e parte viva da nosa tradición.
Durante todo o mes de decembro e comezos de xaneiro, a Praza Esther Pita acollerá diversas actividades de nadal para todos os públicos.
Programación:
- Luns 23 de decembro, de 17:00 a 20:00h: obradoiros artísticos de nadal para público infantil (realización de árbores, adornos e postais de nadal).
- Xoves 26 de decembro, de 17:30 a 19:30h: animación infantil, xogos e música.
- Venres 27 de decembro, de 17:30 a 19:30h: obradoiros artísticos de nadal (realización de casiñas de nadal)
- Sábado 28 de decembro, ás 19:00h: Concerto Ves como sabes? Espectáculo musical para todos os públicos. (Espectáculo incluído no programa Nadal en Rede da RDL da Xunta de Galicia)
- Luns 30 de decembro, de 17:00 a 20:00h: obradoiros artísticos para público infantil (realización de marcapáxinas de reno, variñas máxicas e empaquetado creativo)
- Xoves 2 de xaneiro, de 17:30 a 19:30h: animación infantil, xogos e música.
- Venres 3 de xaneiro, de 17:30 a 19:30h: obradoiros artísticos de nadal para público infantil (realización de figuras de Reis e Raíñas Magas)
- Sábado 4 de xaneiro, de 18:30 a 20:00h: pasarrúas de nadal a cargo de DixieKings; banda de jazz ao estilo das Bandas de New Orleans dos anos 20 que homenaxearán o jazz tradicional cunha posta en escena desenfadada.