Oleiros, 17 de decembro de 2020-. Falamos, actividade que levará a cabo o Voluntariado de Oleiros, consistirá en realizar chamadas telefónicas a persoas usuaria do programa de educación familiar do Concello de Oleiros. A frecuencia das conversas será de carácter semanal, cun horario previo establecido.
A soidade é un dos maiores problemas sociais e de saúde pública do século XXI e afecta gravemente ao benestar psicolóxico das persoas. Con este programa preténdese acompañar e incrementar a rede social destas persoas, introducindo novas formas de relacionarse brindando escoita activa, conversa, empatía, afecto, compaña e comprensión.
As persoas interesadas en participar poden contactar coa concellería de Servizos Sociais e Igualdade a través do teléfono 981610000.