Todas as praias do municipio están dotadas de múltiples servizos. Ademais, Oleiros destaca pola calidade das augas e a conservación e ordenación dos contornos das praias e de todo o litoral. Tamén existe unha ordenanza aprobada no 2014 que contempla unha normativa que garante a convivencia e a seguridade dos bañistas.
O Concello fai un chamamento a todas as persoas usuarias das praias a que respecten as normas e atendan as indicacións dos socorristas. Un consumo responsable da auga das duchas e o uso das papeleiras son algúns dos comportamentos individuais que poden axudar a mellorar estes espazos públicos. Durante o verán tampouco está permitido acceder con cans ás praias.