Hemeroteca

Asset Publisher

Back Comeza o programa de Actividades Físicas 60+

Oleiros, 15 de setembro de 2011-. O Concello de Oleiros a través da Concellería de Benestar Social, pon en marcha o programa de Actividades Físicas 60+. Este proxecto persigue a integración e o desenvolvemento activo das persoas maiores dentro da comunidade, xa que a actividade física é unha medida eficaz para prever e retrasar a inevitable deterioración da capacidade funcional das persoas maiores. Existe unha relación directa entre a competencia motriz e a realización das tarefas diarias, polo que si mantemos a un nivel óptimo as nosas capacidades motrices serviranos de axuda para  manter unha autonomía física e  continuar facendo  actividades na vida diaria.

Na actualidade, esta actividade impártese en todas as localidades do municipio e conta cunha participación de máis de 300 persoas maiores que acoden ás actividades durante os meses de setembro a xuño. Para poder participar nestas actividades as persoas interesadas deben ter cumpridos os 60 anos e estar empadroadas en Oleiros. As actividades que se desenvolven dentro do proxecto de Actividades Físicas 60+ están adaptadas ás posibilidades dos individuos e reciben un tratamento didáctico. Selecciónanse as actividades máis axeitadas a cada grupo. Para iso realízase unha avaliación e unha análise tanto da actividade física que se vai realizar, como da condición física de cada persoa. A estrutura do proxecto baséase en sesións diarias de 45 minutos das seguintes actividades.

•    Ximnasia de mantemento, dúas sesións semanais con grupos en todas as localidades de Oleiros.

1.    Casa da cultura de Perillo, martes e xoves ás 17:00 h

2.    Casa da República de Oleiros, martes e xoves ás 16:30 h

3.    Centro Cívico de Santa Cruz, mércores e venres ás 18:00 h

4.    Casa do pobo de Nós, martes e xoves ás 18:30 h

5.    Casa do pobo de Mera, luns e venres ás 18:00 h

6.    Casa do pobo de Iñás, martes ás 17:30 h

7.    Casa do pobo de Lorbé, luns e venres ás 17:00 h

8.    Centro social de Montrove, martes e xoves ás 18:00 h

•    Natación: Desenvólvense catro grupos na piscina da Fábrica, unha piscina idónea para a práctica da natación das persoas maiores.

•    Ioga e relaxación, unha actividade na que se traballan aspectos tan importantes como a respiración, a expresión corporal ou a canalización da enerxía que axudan á eliminación das tensións.

Casa da cultura de Perillo, venres ás 17:00 h

Casa do pobo de Nós, mércores ás 17:00 h

Casa do pobo de Mera, martes ás 17:00 h

Casa do pobo de Dorneda, luns ás 17:00 h

back link