Hemeroteca

Asset Publisher

Back Comeza a construción do tanque de tormentas de Santa Cruz

Oleiros, 13 de xaneiro de 2016-. A construción do tanque de tormentas de Santa Cruz, na zona dos xogos infantís do parque Luís Seoane, está a comezar nestes días. Os técnicos realizaron xa os primeiros traballos sobre o terreo e, proximamente, tamén iniciarán as súas tarefas as máquinas.

Mentres duren as obras, a rúa Santiago Álvarez terá que ser pechada ao tráfico. Tamén haberá que trasladar o parque infantil, que será renovado totalmente unha vez finalice a obra, para que os nenos poidan seguir xogando. Logo dunha asemblea do alcalde coa asociación de veciños, acordouse que os xogos dos nenos sexan instalados na zona verde que hai entre a rúa Enrique Líster e a rúa Viñas de Babilonia.

As obras do tanque de tormentas foron contratadas pola Xunta por 3,6 millóns de euros. O 80% do financiamento procede da Unión Europea e o 20% restante achégao a Consellería de Medio Ambiente. Esta actuación, en combinación coa creación do sifón da Pasaxe e novo colector da avenida Che Guevara, completará o proxecto de saneamento da ría da Pasaxe iniciado hai máis de 20 anos.

back link