Hemeroteca

Asset Publisher

Back Comeza a construción da cuberta no parque da Lagoa de Mera

Oleiros, 25 de xaneiro de 2016-. Esta mañá comezaron as obras de construción dunha gran cuberta na praza principal do parque da Lagoa de Mera. Os traballos teñen un custo de 323.871,67 euros, que sufraga a Deputación da Coruña nun 80%.

Os materiais empregados para a construción da cuberta garanten a integración visual coa paisaxe do contorno mediante unha estrutura abovedada, similar ás ramas das árbores que hai no parque. Empregarase madeira laminada para preservar a calidade estética e paneis transparentes que permitirán o paso da luz natural.
 

back link