Hemeroteca

Asset Publisher

Back Comeza a actividade estival na Escola Municipal de Danza

Oleiros, 30 de xuño de 2014-. Comeza a actividade estival na Escola Municipal de Danza que se inicia coa posta en marcha das aulas de verán cos cursos formativos desta disciplina programados para o tempo de verán. Estas sesións de duración dunha semana impártense para tres niveis diferentes. Un primeiro nivel destinado aos alumnos e alumnas de entre 4 e 7 anos no que se traballará fundamentalmente aspectos como a expresión corporal e o ritmo. Haberá un segundo nivel para nenos e nenas de 8 a 11 anos con formación en distintos estilos de danza. Por último impartiranse clases para un nivel avanzado que inclúe a alumnos e alumnas maiores de 12 anos onde se traballarán todos os aspectos da danza.

 
Estas xornadas de verán culminaranse cunha sesión de clases maxistrais impartida polo mestre Gonzalo Zaragoza. As sesións terán lugar os próximos xoves e venres en horario de mañá. Tamén impartirá clases de metodoloxía da danza clásica os xoves e venres, de 16.00 a 20.00 horas, o sábado de 10.00 a 13.30 horas, e de 16.00 a 20.00 horas, e o domingo de 10.00 a 13.30 horas ao longo dos próximos 15 días.
 
back link