No centenario do pasamento da novelista Emilia Pardo Bazán, Contraproducións presentou unha relectura dunha das obras máis interesantes de Emilia Pardo Bazán: A Tribuna. A muller, o amor e os prexuízos de clase son os temas sobre os que xirará esta relectura, facendo fincapé no ambiente e primeiras loitas femininas das traballadoras da Fábrica de Tabacos da Coruña. E todo isto cun fondo político onde se asiste ao ocaso dos Borbóns e á atribulada proclamación da I República.