Hemeroteca

Asset Publisher

Back Chega unha nova ruta do Programa municipal de sendeirismo

Oleiros, 10 de xuño de 2014-. O próximo día 21 de xuño levarase a cabo unha nova ruta do programa de sendeirismo Andares por Galicia – Oleiros polo monte. Nesta ocasión a ruta  terá lugar polo Cordal de Ancares, en concreto polo primeiro tramo Tres Bispos - Penarubia, percorrendo un total de 18 km. 

 
A ruta comezará no albergue de Ancares, seguindo polo camiño de Campa dos Tres Bispos e chegando ata o Pico dos Tres Bispos. Desde este cume chegarase ata o pico de Penarubia. A dita ruta ten unha dificultade media - alta cun desnivel de 865 metros aproximadamente.
 
De xeito paralelo a esta ruta, e co obxecto de favorecer a participación, está programada unha ruta alternativa duns 15 km e cun desnivel de 480 m que irá polo camiño de Campa do Carcabón ata A Golada de Vara para regresar por Cabana Vella.
 
Todas as persoas interesadas poden inscribirse a través do correo electrónico c.xuventude@oleiros.org, no centro de cultural A Fábrica ou no teléfono 981 636 598.
 
back link