Hemeroteca

Asset Publisher

Back Chega a gala final do certame de monólogos para escolares

     

Oleiros, 26 de maio de 2015-. O vindeiro venres 5 de xuño ás 20 horas terá lugar a gala final da III Edición de Oleiros Comedia. Un programa que ten como obxectivo fundamental potenciar a narración oral en galego poñendo en valor as distintas formas de comunicarnos, de contar e de facer humor. O acto estará amenizado polo combo de música moderna da Escola municipal de música. Esta actividade está tendo un grande éxito entre a comunidade escolar. Esta divertinte competición está a xerar unha motivación extra na faceta creativa dos participantes. 
 
back link