Oleiros, 22 de novembro de 2020-. O programa autonómico Espazo Educa_CreandoPontes, co que colabora o Concello de Oleiros, iníciase o próximo mércores 24 de novembro cunha charla impartida polo prestixioso docente e pedagogo, experto na mellora da convivencia escolar, Juan Vaello Orts. Esta actividade, dirixida principalmente ás familias do alumnado escolarizado en educación infantil e primaria, levarase a cabo no teatro do Centro Cultural As Torres, en Santa Cruz, a partir das 16:15 horas.
Hemeroteca
Asset Publisher
A entrada é aberta e gratuíta. Co fin de facilitar a asistencia das familias interesadas, haberá un servizo de gardaría na Casa da Gardesa (sita nos xardíns das Torres), que estará dispoñible de 16.00 a 18.00 horas. As persoas interesadas que desexen reservar a súa praza e/ou o servizo de gardaría poderán inscribirse a través do enlace.