Hemeroteca

Asset Publisher

Back Cesar de Centi actúa o sábado na Fábrica

Oleiros, 4 de febreiro de 2020-. O cantautor coruñés César de Centi será o seguinte artista do VII Ciclo de Música Voces Cálidas para noites de Inverno cun concerto no centro cultural A Fábrica, en Perillo, o sábado ás 20:30 horas. As entradas estarán á venda desde unha hora antes do inicio do espectáculo a un prezo de 2,50 euros.

 
César de Centi cumpre dezaoito anos nos escenarios e celébrao presentando o seu novo traballo Bailando el Incendio. Para iso rodéase da súa banda: batería (Óscar Quintans), baixo (Juan Aparicio), teclado (David Taboada) e guitarras (Diego Barral) e Antonio Facal (Violín).
 
Habitual da escena galega e nacional do xénero da canción de autor, grava o seu primeiro traballo en 2008 Principios y declaraciones e edita en 2013 La luz de los gigantes financiado mediante un crowdfunding. Formou parte dos proxectos de Cincoparedes e “A viaxe da palabra que non era valente” e tocou en festivais de prestixio como o Noroeste, Barnasans, Santiautor ou Sadautor entre outros.
back link