Hemeroteca

Asset Publisher

Back Carruseis infantís e a pista de xeo ata o día 9 de xaneiro

 Oleiros, 21 de decembro de 2021-. Todos os nenos e nenas de Oleiros terán á súa disposición a partir de mañá mércores uns carruseis na praza Esther Pita de Santa Cruz e na polideportiva da avenida da II República de Perillo. Nesta segunda ubicación tamén haberá unha pista de xeo para patinar.

 
O horario destas actividades será de 16.00 h a 21.00 h, ampliándose as mañás dos domingos de 11:30 a 13:30 horas. Cada viaxe nos carruseis custará 1 euro e a pista de xeo serán 5 euros por media hora, con todo o material necesario agás os guantes, que será obrigatorio que cada persoa leve os seus.
 
“Pensando nos nenos e nenas decidimos poñer, durante estes días de vacacións que teñen polo nadal, carruseis e unha pista de xeo. Estarán dispoñibles a partir de mañá na praza Esther Pita e na polideportiva da avenida da II República. Ante a imposibilidade de levar estas actividades a todas as parroquias, optamos polas dúas localidades mellor comunicadas para facilitar os desprazamentos”, comentou o alcalde Ángel García Seoane.
back link