Hemeroteca

Asset Publisher

Back Carlangas e A Banda da Loba, principais reclamos musicais desta edición de Alfaroleiros

A feira Alfaroleiros regresa este verán na súa trixésimo primeira edición, do 6 ao 10 de agosto, convertendo o parque Luis Seoane de Santa Cruz nun importante reclamo festivo e cultural. Carlangas, o venres 8 de agosto, e A Banda da Loba, o sábado 9, serán os concertos principais paralelos á exposición de olería; celebraranse na praza Esther Pita ás 22:00 horas en ambos casos.

Ademais destes dous concertos, a programación musical inclúe o concerto de Catuxa Salom. Live Band Trio o 6 de agosto ás 21:00 h no Parque Luís Seoane e o espectáculo Na Cerna do Son, danza, música e poesía, o día 7 ás 21:30 horas.
 
Como cada ano, numerosos oleiros e oleiras de toda a península traerán as súas mellores pezas para compartir esta tradición artesá con toda a veciñanza e visitantes, enchendo Santa Cruz de cultura e barro durante a segunda semana de agosto. Durante os días de feira, o Concello organiza tamén numerosos espectáculos, concertos e actividades de ocio para todas as idades.
 

back link