Hemeroteca

Asset Publisher

Back Cancelada a VIII Festa da Centola prevista para o sábado 11 de novembro

A Confraría de Pescadores de Lorbé decidiu suspender a VIII Festa da Centola prevista para o sábado 11 de novembro por “causas alleas á propia organización”.

A Festa da Centola organizada pola Confraría de Pescadores de Lorbé, prevista para o sábado 11 de novembro, foi cancelada tras a reunión e acordo dos membros da mesma por causas alleas á propia organización.

A Confraría de Pescadores reunirase hoxe novamente para determinar a posibilidade dunha nova data para a celebración dun dos eventos gastronómicos máis populares do outono oleirense, da que se avisará á veciñanza polas canles informativas oportunas en tempo e forma. 

En pasadas edicións a Festa da Centola tivo que repetirse pola grande afluencia de público.  

back link