Oleiros, 7 de marzo de 2022-. O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Oleiros convocou a campaña Nin túa nin de ninguén, libre!, unha convocatoria de lemas dirixida á comunidade educativa do Concello de Oleiros co obxectivo de elaborar material divulgativo co gallo do 8 de marzo.
Podían participar nesta campaña o alumnado de 5º e 6º de primaria, ESO e bacharelato escolarizado no Concello de Oleiros, de maneira individual, sempre que as súas creacións se axustasen ao especificado nestas bases.
Establecéronse varias categorías e escolléronse tres lemas, un de cada categoría participante para facer as chapas e catro para facer bolsas. Este material repartirase entre os centros de ensino participantes e unha mostra tamén para os outros centros.
Os lemas gañadores foron os seguintes:
Non usedes hipérboles con nós, xa somos perfectas, de Jimena Toledo Piñeiro, do CEIP Luis Seoane
Quero a mochila chea de soños, non de medos, de María González Blanco, do CEIP Luis Seoane
Se o presente é loita, o futuro será vida, de Nicolás Díaz Prada, do IES Miraflores
Nin conquistadas, nin acosadas. Libres, de Carlota Díaz Santiso
Se estás canso de escoitalo, imaxínate nós de vivilo, de Eva Llanes Martínez, do IES María Casares
Non son unha amora para enredarme nas túas silvas, de Xiana Longueira González, do IES Miraflores
Con dor non hai amor, de Daniel Ares Rico, do IES Miraflores