Hemeroteca

Asset Publisher

Back Bus nocturno para a verbena do xoves das festas de Lorbé

 Oleiros, 1 de agosto de 2022-. Para facilitar unha mobilidade segura durante as festas de Lorbé, a noite do xoves día 4 haberá dous autobuses nocturnos que efectuarán a súa saída do bar A Escola ás 3:30 horas. Ese día, no que actúa a orquestra París de Noia, tamén se reforzarán os últimos servizos da liña que vai a Lorbé para facilitar a chegada de persoas á festa.

 
As paradas serán as habituais do servizo de autobús: bar A Escola, O Corgo, Dexo Igrexa, Dexo Torre, O Cubo, A Pereira, Mera, Nai Pai, Santa Ana, Cabreira, Canide, Breixo, Lourido, Arillo, Igrexa de Dorneda, O Couto, Augarrío, praza Esther Pita, rotonda Santa Cruz, Coruxo, Liáns, Bastiagueiro, INEF, As Covas, Escorial, Parador, Perillo, ponte da Pasaxe, Xesuítas, Materno, CHUAC, Os Castros, A Gaiteira, Costa da Palloza, praza de Ourense e Entrexardíns.
back link