Oleiros, 9 de marzo de 2015-. O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane recibiu esta mañá a visita de Bubaka Djalo, presidente da Plataforma de organizacións non gobernamentais na cidade de Bafatá, en Guinea-Bisáu. Bubaka atópase de visita en España para dar a coñecer o traballo que o proxecto Causas Comúns, posto en marcha polo fotógrafo Gabriel Tizón, leva a cabo neste país de África occidental. O cooperativista africano informou o rexedor sobre as distintas iniciativas postas en marcha.
Hemeroteca
Asset Publisher
O proxecto Causas Comúns, co que colabora o Concello de Oleiros, naceu en Dakar, Senegal, en setembro de 2012, coa idea de visibilizar a través dos valores do traballo da xente que nos rodea ou ben que se atopa a miles de quilómetros. Non se trata dunha ONG, senón dun colectivo de xente, institucións, pequenos negocios, etcétera, que colaboran a través dos valores do traballo.