Hemeroteca

Asset Publisher

Back Bosque, de Mamá Cabra e Aurora Artes Escénicas o sábado no auditorio Gabriel García Márquez

Imagen Bosque, de Mamá Cabra e Aurora Artes Escénicas o sábado no auditorio Gabriel García Márquez

Bosque, de Mamá Cabra e Aurora Artes Escénicas fará as ledicias de todas as familias asistentes ao espectáculo que terá lugar no auditorio Gabriel García Márquez o sábado 28 de febreiro ás 18:00 horas.

Bosque é un espectáculo musical no que a natureza ofrece un concerto, unha fábula na que os animais e as plantas dun recuncho da terra expresan a sabedoría ancestral a través do seu día a día. Música e teatro para reivindicar a necesidade de coidar os pequenos lugares naturais que cada quen ten ao seu carón. 

A actividade está dirixida a familias con crianzas maiores de 3 anos.
As inscricións poderán realizarse a través do formulario web habilitado ao efecto a partir do 23 de febreiro ás 10:00 horas. Terán preferencia as familias inscritas no programa Apego do Concello de Oleiros.

Máis información no Servizo de Normalización Lingüística municipal.

INSCRICIÓNS