Oleiros, 9 de decembro de 2013-. As bandeiras da casa consistorial do Concello de Oleiros ondean a media hasta en sinal de duelo pola morte do histórico dirixente sudafricano Nelson Rolihlahla Mandela falecido o pasado venres 6 de decembro. Mandela non só pasará á historia como un carismático estadista, senón polo seu traballo en defensa da igualdade e dos valores da democracia. Así mesmo Mandela se converteu nun símbolo do perdón e da reconciliación a nivel global polo seu labor como presidente de Sudáfrica e o seu inquebrantable defensa da igualdade entre a maioría negra e a minoría africáner tras permanecer recluído durante máis de 26 anos como preso durante o período de segregación racial que imperou no país de África do sur ata 1992. O Goberno local de Oleiros xa dedicou no seu día unha rúa e unha zona verde na localidade de Perillo á figura de Mandela.