Hemeroteca

Asset Publisher

Back As Torres de Santa Cruz acolle a presentación dos cinco premeiros contos de Cancodrilo

Oleiros, 04 de marzo de 2016-. O xoves 10 de Marzo, ás 18:30 horas, no teatro As Torres de Santa Cruz, Ediciones Linteo presenta a colección infantil Cancodrilo do autor galego Xabier López Mateos, con ilustracións de Javier Rey Feijóo e Silvia González Sánchez e que fascinará a nenos, nenas e adultos.

Cancodrilo é un animaliño humanizado e infantil, semella un neno que quere aprender e enfrontarse ao mundo cotián. É inocente e sempre trata de descubrir algo novo. Nas súas historias acompáñano varios personaxes, entre eles destaca o seu mellor amigo Ourizopicón, Adela e Laura.
 
Os protagonistas son unha mestura de personaxes humanos e animais humanizados que conviven sen diferenzas aprendendo uns dos outros, descubrindo o mundo que lles rodea, moitas veces meténdose en problemas, aprendendo cousas novas e útiles. As veces teñen medo das cousas simplemente porque non as coñecen, e precisamente por iso, hai que darlles a oportunidade de descubrilas, deste xeito os nenos séntense identificados cos personaxes.
 
Os contos pretenden transmitir unha mensaxe aos máis pequenos, as historias teñen unha finalidade didáctica, educativa e divertida, de amizade así como de respecto, estes valores intégranse e foméntanse nas series.

 

back link