Hemeroteca

Asset Publisher

Back As Torres acollen mañá unha charla sobre doazón de sangue

Oleiros, 5 de maio de 2014-. Mañá  martes, 6 de maio, ás 20.00 h, nas Torres de Santa Cruz, terá lugar unha charla baixo o título. “A doazón de órganos, o mellor agasallo” na que participarán Alejandro Montero Salinas, enfermeiro da Unidade de Transplantes do CHUAC e José Manuel de Llano, persoa transplantada que trasladará a súa experiencia persoal. Presentará o acto o concelleiro responsable da Área de Sanidade do Concello de Oleiros, Ignacio Crespo. O Concello de Oleiros anima a toda a poboación a acudir á dita charla así como a doar sangue estes días, xa que é un ben moi prezado que non está no mercado, sendo o mellor agasallo que podemos facernos entre as persoas, a vida.

back link