Hemeroteca

Asset Publisher

Back As Torres acollen hoxe unha conferencia sobre sufrimento nas constelacións familiares

Oleiros, 4 de abril 2013-. O Concello de Oleiros acolle hoxe, a partir das 20.00 horas no teatro das Torres de Santa Cruz, unha conferencia sobre o sufrimento. Esta conferencia gratuíta está destinada a quen queren comprender o que lles fai sufrir e limita a súa vida en calquera ámbito: familiar, laboral, saúde, relacións… Nela presentamos unha nova visión dos nosos problemas cotiáns desde a perspectiva das constelacións familiares. Exporemos as leis fundamentais que regulan o funcionamento dos sistemas familiares e sociais e que, cando se incumpren, xeran conflitos e sufrimentos. Explicaremos como este modelo nos pode axudar a cambiar o que no flúe na nosa vida.

O encargado de impartir esta interesante charla será Quintín Álvarez Núñez, doutor en Filosofía e Ciencias da Educación e facilitador de constelacións familiares. Ademais é didacta da Asociación Española Bert Hellinger e membro da súa Xunta Directiva, mestrado en Pedagoxía Sistémica e especialista en técnicas de comunicación e de grupo e en organización de centros educativos. Álvarez Núñez exerce como profesor titular na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago. Conta con formación en Psicoterapia Xestáltica, Eneagrama, Análise Transaccional, PNL e outras técnicas de grupo.
 

back link