Hemeroteca

Asset Publisher

Back As previsións meteorolóxicas obrigan a trasladar o Festival de Bandas ao Auditorio Gabriel Garc

Oleiros, 29 de xuño de 2016-.  O XI Festival de Bandas de música do Concello de Oleiros que ía celebrarse o venres no Parque José Martí, terá que cambiar de ubicación. As elevadas probabilidades de que se produzan precipitacións durante o horario no que se celebra o certame obrigan a trasladar as actuacións ao Auditorio Gabriel García Márquez de Mera.

As 20:00 comezará esta nova edición do festival que contará coas actuacións da Banda da Escola Municipal de Música do Concello de Oleiros e da Banda de Música de Calahorra. A presenza en Oleiros da banda rioxana supón a primeira participación dun conxunto de fóra de Galicia neste certame que organiza o Concello de Oleiros. A agrupación de Calahorra, que dirixe Eduardo Peña, é unha das bandas referentes no panorama estatal é goza dun importante prestixio musical debido á súa excelente traxectoria.
 

back link