Hemeroteca

Asset Publisher

Back As praias de Santa Cristina, Bastiagueiro, Mera, Espiñeiro e Naval terán bandeira azul neste ve

Oleiros, 10 de xuño de 2020-. Oleiros segue a ter os mellores areais da comarca da Coruña. As praias de Santa Cristina, Bastiagueiro, Mera, Espiñeiro e Naval pendurarán a Bandeira Azul este verán. 

 
O Concello de Oleiros realiza un traballo moi serio e rigoroso neste ámbito. Todas as praias do municipio están dotadas de múltiples servizos. Ademais, Oleiros destaca pola calidade das augas e a conservación e ordenación dos contornos das praias e de todo o litoral. Tamén existe unha ordenanza, pioneira en Galicia, que contempla unha normativa que garante a convivencia e a seguridade dos bañistas.
 
En canto ao servizo de salvamento e socorrismo, entrará en funcionamento a partir do vindeiro luns día 15 de xuño. Un total de 40 persoas garantirán a seguridade nas praias.
back link