Hemeroteca

Asset Publisher

Back As persoas que asisten a ximnasia, ioga e memoria terán unha gran festa de fin de curso o venre

Oleiros, 28 de xuño de 2017-. Todas as persoas que participa nas distintas actividades que se desenvolven dentro do Programa de Envellecemento Activo do Concello de Oleiros, están convidadas á festa de fin de curso que se desenvolverá na Casa do Pobo de Lorbé este venres pola tarde. Esta xornada final será o peche das actividades do primeiro semestre do ano, servindo de espazo de encontro e de convivencia entre os distintos grupos existentes en cada unha das localidades.
 
Preto de 400 persoas maiores de 60 anos asisten ás actividades de ximnasia, ioga e aos obradoiros de memoria que se desenvolven en todas as casas do pobo. Esta programación é fundamental para a promoción de hábitos saudables e dunha vida plena e activa, xa que se desenvolven todos os meses do ano, agás no verán, de forma estable e continua.
 

back link