Hemeroteca

Asset Publisher

Back As persoas maiores que participan na actividade municipal de sendeirismo completan unha ruta pr

Oleiros, 11 de maio de 2012-. As persoas participantes na actividade municipal de sendeirismo e excursionismo Ven e descubre da Concellería de Servizos Sociais do Concello de Oleiros completaron a primeira ruta do itinerario. Un total de 140 persoas entre os 60 e os 84 anos participaron nesta ruta de sendeirismo guiado, que é un test de proba para confirmar a idoneidade das súas capacidades físicas de cara ás seguintes rutas que as levarán por distintos lugares de Galicia.

A partir do próximo 24 de maio e ata o mes de setembro realizarán 9 saídas a través de tres itinerarios diferentes.  As persoas que participan son maiores de 60 anos que contan cunha condición física axeitada para realizar esta actividade, camiñan habitualmente e  a maioría  participan  no programa de actividade física que realiza o Concello de Oleiros. Nas rutas van acompañados por un especialista en educación física, outro experto en educación ambiental e unha educadora social.

A ruta que realizaron esta semana chámase «Os bosques escondidos de Oleiros». Trátase dunha ruta de 15 km, que trasncorre polos camiños de zonas boscosas de Oleiros, desde as inmediacións da Escola Municipal de Danza en Perillo, introdúcese nun bosque xurdido dos cultivos experimentais de castiñeiros híbridos que hoxe forma parte do parque metropolitano. No bosque dos Veciños en Liáns, os camiñantes poden observar diferentes especies de salgueiros, pradairos ou faias e a igrexa barroca de Liáns. Tras camiñar por sendeiros de Montrove chégase á fraga do Bañil, un pequeno bosque animado formado por unha pequena carballeira. E de alí pasean ata o castro de Xaz, un dos numerosos castros que se atopan no termo municipal. Desde a parroquia de Dorneda a ruta trasládase a Maianca, entrando nunha zona de masa forestal extensa de bosque mixto eucaliptus globulus, castiñero, carballo, piñeiro do país, ata a lagoa de Mera onde remata este fermosos percorrido.
 

back link